2. Programa de actividades
Actividades Primavera-Verán 2010:
| SERÁN DAS LETRAS GALEGAS | Sábado 22 de Maio a partires das 19:00 | Proxección de DVD, lectura de poemas do autor Uxío Novoneyra, ao que este ano adícase o Día Das Letras Galegas. Pola noite faremos un churrasco. Hai que confirmar asistencia chamando aos teléfonos de contacto. Prezo: 5€ por cabeza, inclúe churrasco, pan e viño. |
| ROTEIRO POR TERRAS DE SOBRADO,TOQUES E MELIDE. | Domingo 13 de Xuño, saída ás 10:00 dende o Secadeiro (Av. De Castela) | Pola mañá visitaremos algunhas pedras de interese: Campamento romano de Cidadela, Pena da Moura, Dolmen da Muruxosa e Castro da Graña.Xantar na área recreativa do río Furelos. A Asociación abastecerá aos asistentes con tortilla e empanada. Pola tarde, como vén sendo tradicional, xornada de xogos populares.
Hai que confirmar asistencia cunha semana de antelación chamando aos teléfonos de contacto. |
| SARDIÑADA DE SAN XOAN | Sábado 26 de Xuño a partires das 20:00 | Sardiñas,viño e churrasco de balde coa actuación da banda de gaitas de Oza: Os Revirados. Ás 24:00 saltos na lumeirada. |
| FEIRA FRANCA MEDIEVAL | 9,10 e 11 de Xullo | Como todos os anos subliñar a importancia de facer unha boa feira para financiar os gastos da Asociación. Hai que apuntarse para as quendas que estarán exportas no tabuleiro do local. De novo lembrar a obligatoriedade que teñen os socios de participar nos traballos que lle demande a Asociación. |
–
| TELÉFONOS DE CONTACTO | |
| Lar de Unta | 981 774935 |
| Toti | 676 475835 |
| Leo | 687 143053 |
| José M. | 658 282746 |
Other Links to this Post
-
Lar de Unta » PROGRAMA DE ACTIVIDADES PRIMAVERA-VERÁN 2010 — 10 Agosto 2010 @ 2:45 a.m.