6.b actividades eira vella
ACTIVADES ANO 2010
ABRIL
- Mércores, 14 de abril. Colocación dunhas flores a carón da placa que na entrada do Museo das Mariñas lembra ás vítimas betanceiras do 36.
- Venres, 23 de abril, 20:30 horas, Sala Azul do Liceo. Conferencia: Manuel Chamoso Lamas e o patrimonio cultural de Galiza no século XX, por Felipe-Senén, arqueólogo e museólogo.
- Martes, 27 de abril, (suspendido temporalmente, avisarase nova data) 20:30 horas, Sala Azul do Liceo. Xornadas de información promovidas pola CRMH na comarca. Este acto centrarase no proxecto «Nomes e Voces» que naceu ao abeiro dos traballos que se realizaron durante o ano 2006 (Ano da Memoria) na Consellería de Cultura e Deporte e nel participan as tres universidades galegas.
MAIO
- Venres, 14 de maio, 20:30 horas, Sala Azul do Liceo. Conferencia sobre Uxío Novoneyra (Letras Galegas 2010). Ponente Anxo Tarrío.
- Edición dun marcapáxinas no que ademais dos datos biográficos do autor se reproduza o poema dos Caneiros.
- Venres, 21 de maio, 20:30 horas, Sala Azul do Liceo. Recital poético[1].
- Sen data confirmada: Presentación en Barallobre de Mariñanas e Cantiga da lembranza de Pérez Parallé.
XUÑO
- Venres, 4 de xuño, 20:30 horas, Sala Azul do Liceo.En colaboración coa CRMH, presentación en Betanzos do traballo feito sobre a fosa de Vilarraso- Aranga. En relación con este acto está organizado un roteiro para o sábado 12 de xuño: un autobús sairá da Coruña e recolleranos en Betanzos para visitar Vilarraso, Santa Mariña,…
- Venres, 11 de xuño, 20:30 horas, Sala Azul do Liceo. Presentación da Xanela número 29.
NOVEMBRO OU DECEMBRO
- Presentación da Xanela número 30.
*Queda pendente determinar a data de presentación do libro de poemas e fotografía Espertar de Lino García e Helena Robledo.
[1] Esta actividade pode sufrir algún cambio.