ENTROIDO 2011

DOMINGO 6 DE MARZO:Obradoiro de filloas a partires das 6 da tarde.
LUNS 7 MARZO:Cea de Entroido a partires das 9:30 da noite.

MENÚ:tradicional cocido,orellas e filloas.Auga,viño e pan.
PREZO DO MENÚ:de balde agás cervexas e outras bebidas segundo as tarifas vixentes do servizo de bar.
PARA ASISTIR CÓMPRE CONFIRMAR A ASISTENCIA.
HAI TRES XEITOS DE CONFIRMAR:
correo ordinario,Sociedade Lar de Unta
Rúa da Pescadería 3,15300 Betanzos.
E-mail lardeunta@lardeunta.org
teléfono:981 774953(deixa unha mensaxe no contestador)

XANTAR DE NADAL

O Domingo 19 de Decembro a partires das 14:00 celebraremos o noso tradicional xantar de Nadal,ao que están invitados tódolos socios.É obrigatorio confirmar asistencia para fixar , encargar o menú e colocar as mesas.Pódese confirmar a asistencia do seguinte xeito.
CHAMANDO AO TELÉFONO DO LAR:981-774953,SE NON ESTAMOS DEIXA MENSAXE NO CONTESTADOR.TAMÉN PODES MANDAR UN E-MAIL AO NOSO ENDEREZO ELECTRÓNICO:lardeunta@lardeunta.org.
Lembra que estamos na páxina web:wwwlardeunta.org e no blog:lardeunta.blogaliza.org

ACTIVIDADES DE OUTONO-INVERNO 2010

SAÍDA AOS COGOMELOS:Sábado 16 de Outubro,ás 10:00 quedamos no Bar Vázquez.Hai que levar roupa axeitada,ollo cos pés!.
EXCURSIÓN A BAIONA:Na ponte de Santos,dende o venres 29 ao luns 1.Visitas a Baiona,Cabo Silleiro,Mosteiro de Oia e Castro de Santa Tegra.
SAMAÍN:Tradicional noite das caveiras dos melóns,o sábado 6 de Novembro no local da Asociación;rúa da Pescadería 3,aberto a tódolos nenos/as de Betanzos.Pola noite celebración do magosto con viño e castañas de balde.
XANTAR DOS SOCIOS:Domingo 19 de Decembro ás 14:00 ,cómpre confirmar a asistencia cunha semana de antelación para fixar o menú.Chamar ao local ou algún membro da directiva.
GUATEQUE DE FIN DE ANO:Venres 31 de Decembro no local da asociación,cota de 15€to á xente de fóra do Lar

PRESENTACIÓN DE FRAGAS DO MANDEO

O venres 3 de Setembro ás 20:30 no noso local da Rúa da Pescadería faremos a presentación desta entidade que nace coa vocación de protexer a flora e a fauna da Ribeira do Mandeo,contaremos coa presenza de varios dos membros deste padroado.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PRIMAVERA-VERÁN 2010

A continuación informamos das actividades que se desenrolarán neste trimestre, agardando a túa participación pasamos a detallar: (Podes ver esta información na páxina de programa de actividades)

.
-TARDE DAS LETRAS GALEGAS:SÁBADO 22 DE MAIO, a partires das 19:00no local da Asociación proxección DVD sobre Uxío Novoneyra,lectura de poemas ,etc.Pola noite churrasco ,é necesario confirmar asistencia chamando con antelación.Prezo 5 € por cabeza,o menú inclúe churrasco,pan e viño.

.
-ROTEIRO POR TERRAS DE SOBRADO,TOQUES E MELIDE:DOMINGO 13 DE XUÑO.Sairemos ás 10:00 da mañá dende O Secadeiro do Lúpulo(Estrada de Castela).Pola mañá visitaremos algunhas pedras de interese:Campamento romano de Cidadela,Pena da Moura, Dolmen da Muruxosa e Castro da Graña.Xantar na área recreativa do río Furelos(preto de Melide).A Asociación abastecerá aos asistentes con empanada e tortilla.pola tarde xornada de Xogos populares.Hai que confirmar asistencia con antelación para encargar o xantar.

.
-SARDIÑADA DE S. XOAN:SÁBADO 26 DE XUÑOtradicional sardiñada no noso local coa actuación do grupo de gaitas «os Revirados» da veciña Oza. Sardiñas,churrasco e viño de balde.

.
-FEIRA FRANCA MEDIEVAL:9,10 E 11 DE XULLO. Como todos os anos subliñar a importancia de facer unha boa feira para financiar os gastos da Asociación durante todo o ano.É necesario botar unha man na montaxe das barras e arranxo do local.Hai que apuntarse nas quendas para atender as barras e a cociña,estas quendas están expostas no tabuleiro do local.De novo lembrar a obligatoriedade que teñen os socios segundo os nosos Estatutos de participar nos traballos que lle demande a Asociación polo ben da mesma,que é o de todos.

.
AGARDANDO QUE AS ACTIVIDADES PROGRAMADAS SEXAN DO TEU AGRADO E PREGANDO A TÚA PARTICIPACIÓN,UN SAÚDO

NOVA XUNTA DIRECTIVA DO LAR DE UNTA

O día 28 de Febreiro Sociedade lar de unta celebrou a súa asemblea xeral de socios que se vén celebrando anualmente.Na mesma aprobáronse as contas da Sociedade e procedeuse á renovación de membros da Xunta Directiva ficando a mesma como segue:
PRESIDENTE:Leo Antelo
VICEPRESIDENTA:Marina Carro
TESOUREIRO:Suso García
SECRETARIA:Ane Tomé
VOGAL DE RELACIÖNS PÜBLICAS:José M. Lorenzo
VOGAL DE CULTURA E INFANTIL:Isidro Doporto
VOGAL DE GASTRONOMÍA:Carlos González
VOGAL DE DEPORTE:Fran Fernández
VOGAL DE XUVENTUDE:Xurxo Ares

Saúdo

Ola. Esta é a páxina da  Sociedade gastronómica, cultural, deportiva e xuvenil Lar de Unta, de Betanzos e está, obviamente, en probas. Esperamos ir enchéndoa de contidos proximamente.

No lateral podedes ver algunhas páxinas.

A seguir imos publicar, aínda en probas, un artigo da Sociedade sobre a feira medieval:

CARA ONDE VAI A FEIRA MEDIEVAL

O motivo do presente artigo é abrir unha reflexión que nos leve a un debate aberto, construtivo e clarificador, no que participen os diferentes sectores betanceiros que se implican ano tras ano na feira medieval: asociacións culturais, hostaleiros, comisión da feira, etc., cómpre amosar o que se pensa sen rodeos sobre o camiño que está a tomar a nosa feira que, por outra banda, moitos pensamos que se atopa en claro declive.

A Asociación lar de Unta, participante activa na feira dende a súa primeira edición, cre que é hora de mudar e aportar novas ideas, somos conscientes de que o ambiente de pasadas feiras está en franca decadencia, menos xente betanceira vestida de época, que se a crise, que se chove, etc. Poderíamos apuntar unha serie de factores a mellorar.

No tema das mercadorías: hai artigos que se venden que non cadran en absoluto coa recreación dunha feira medieval, é necesario un regulamento sobre o que se vende: as pizzas ultraconxeladas non semellan ser moi medievais, hai que coidar a galería, se queremos ter unha feira medieval decente ou convertela nun feirón semanal. Controlar tamén as xerras de barro, moitos postos de bebida dan directamente o líquido en plástico no canto do barro, din que é porque se quedaron sen louza xa o venres… non ten sentido ningún agochar os colectores con sacos e logo a mínima dar renda solta ao macrobotellón .

No que se refire aos decorados lembremos o hórreo instalado no Azougue o ano pasado, lamentable erro corrixido neste ano, de todos xeitos un pouco máis de palla polas rúas non ficaba mal.

Retirar os compresores,valados e demais parafernalia das eternas obras do casco vello axudaría outro pouco.

No tocante a intendencia eléctrica dos postos gastronómicos, bombonas de butano, etc, hai que ter coidado e que non apareza o microondas en pleno esplendor, lembremos que estamos no século XIV e hai sacos para agochalos.

No que son os actos poderíamos probar novos eventos e representacións; as revoltas irmandiñas dan moito xogo e Betanzos foi o berce do movemento, hai que innovar ou morrer.

Tamén organizar actos simultáneos en diferentes lugares da vila, o Torneo concentra  a meirande parte dos visitantes no campo mentres o casco vello se baleira, non se podería queimar a bruxa ao mesmo tempo que se fai o Torneo?

É xa para rematar falar dos feirantes, son os peóns da feira e os que ano tras ano coa súa participación activa ambientan as rúas do casco vello, pero como en todo hai feirantes e hai moinantes: na puxa dos postos cómpre desterrar “o vale todo se pos os cartos por diante”, un coñecido empresario monopolizou a feira nesta edición. Non ten o Concello medios para evitalo?. Que aporta este individuo na feira?, produtos elaborados industrialmente e conservantes a esgalla. Nesto queremos que se converta a feira? Xa se lle deberon cortar as ás moito antes. Aínda que todos nós participamos no espírito da feira franca medieval, hai algún paxaro aínda nostálxico dos tempos da servidume medieval.

Por hoxe damos por rematado o conto e que outros entren ao trapo, que fervan as testas e a ver que sae.

ASOCIACIÓN LAR DE UNTA

Olark Livehelp

WordPress Themes